Subsidio extraordinario por desemprego (SED)

Deberá solicitar cita previa para presentar a solicitude no Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE). Previamente, deberá acreditar #ante o servizo público de emprego autonómico da súa oficina a realización de accións de procura activa de emprego (BAE)

Requisitos

  • Ten que ser persoas que se atopen en algunha destas dúas situacións:
    • Extinguiran por agotamento calquera dos subsidios por desemprego, a partir do 05/07/2018 e quen o agotara entre o 01/03/2018 e o 04/07/2018.
    • Sexan persoas paradas de longa duración que agotaran prestacións por desemprego, PREPARA, ou RAI e estiveran inscritas como demandantes de emprego o 01/05/2018.
  • Carecer do dereito a protección por desemprego de nivel contributivo ou asistencial e non ter cumplida a idade de xubilación
  • Carecer de rentas superiores ó 75% do salario mínimo ( 712,50 euros)
  • Haber cesado de forma involuntaria no último traballo
  • Non haber recibido previamente a axuda económica de acompañamento (PAE) nin haber sido beneficiario con anterioridade do subsidio extraordinario por desemprego

Canto se cobra

430,27 euros/mes (80% do IPREM)

Duración

180 días máximo e non poderá percibirse en máis de unha ocasión

Máis información

https://www.sepe.es/HomeSepe/Personas/distributiva-prestaciones/he-dejado-de-cobrar-el-paro/subsidio-extraordinario-desempleo.html