Subvención BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca estas axudas

REQUISITOS

* Persoas traballadoras autónomas que teñan domicilio fiscal en Galicia que:

– Que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses

– Que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros

– Que teñan unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria.

* Sociedades e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia que:

– Teña unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade na realización da actividade superior a 42 meses.

– Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na última declaración

– Ter a empresa unha base impoñible no imposto de sociedades da última declaración inferior a 30.000 euros

CONTÍA

A contía da subvención é do 80% da actividade que se subvencione cun límite máximo de 3.000 euros polo conxunto de actividades subvencionables

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

– Liña 1. Mellora da competitividade a través dos seguintes servizos: investigación de mercado, plan de márketing, plan de comunicación do negocio, plan estratéxico do negocio, plan de crecemento, plan de reorientación,plan de uso das novas tecnoloxías, plan de refinanciamento

– Liña 2. Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos: compra de maquinaria, compra de útiles e ferramentas, reforma do local de negocio, equipos informáticosrótulos, aplicacións informáticas e páxinas web, creación do logotipo do negocio, mobiliario

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 2 de agosto

MÁIS INFORMACIÓN NO DOG 2 DE XULLO

Pin It on Pinterest

Share This