Subvencións ás ARIS (Áreas de rehabilitación integral dos camiños de Santiago)

No Concello de Oia entrarían dentro desta ARI, tódalas vivendas das parroquias de Pedornes, Viladesuso e Mougás e as vivendas que están no trazado do camiño en Santa María de Oia.

 As actuacións previstas poden ser de varios tipos:

a) As previstas no artigo 36 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, para o Programa do fomento da mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas, con redución da demanda enerxética nos termos establecidos no citado artigo.

b) As previstas no artigo 43 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, para o fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas.

c) A execución de obras e/ou traballos de mantemento e intervención nas vivendas unifamiliares e nos edificios, mesmo no interior das vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, co fin de adecualos aos estándares previstos pola normativa vixente.

d) As obras de demolición de edificios e de vivendas e as obras de construción de edificios de vivendas e vivendas de nova construción. Os novos edificios e vivendas deberán ter unha cualificación enerxética mínima B e cumprir, en todo caso, coas exixencias do Código técnico da edificación.

 Para poder acceder a este programa é necesario obter a CUALIFICACIÓN PROVISIONAL da actuación e, unha vez rematadas as obras, a cualificación definitiva. O Instituto Galego de Vivenda e Solo publica o procedemento para poder obter estas cualificacións.

Dende o enlace podendes obter máis información

Pin It on Pinterest

Share This