Subvencións para mellora de infraestruturas turísticas de aloxamento e restauración

O importe máximo poderá acadar o 50 % do investimento subvencionable cun máximo de 50.000 euros por proxecto

A Axencia de Turismo de Galicia convoca axudas a para actuacións de mellora das infraestructuras dos establecementos turísticos de aloxamento e restauración

O importe máximo da axuda poderá acadar o 50 % do investimento subvencionable, establecéndose un máximo de 50.000 euros por proxecto, dependendo da puntuación alcanzada.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Persoas físicas ou xurídicas que reúnan os requisitos e teñan autorizado ou clasificado conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante REAT), o establecemento turístico para o cal se solicita a axuda.

REQUISITOS

– No caso de empresas deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme).

– Deberá acreditarse, a propiedade dos inmobles ou predios obxecto da actuación ou calquera outro dereito que autorice ao beneficiario a realizar o investimento subvencionado.

– Deberase acreditar unha antigüidade no exercicio da actividade no establecemento para o que se solicita a subvención non inferior a 5 anos á data de solicitude da axuda. Admitiranse as modificacións de titularidade por sucesión familiar.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

– Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

– Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de calidade turística.

– Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecementos que supoñan un incremento da categoría.

– Actuacións relativas á renovación e modernización das instalacións, así como embelecemento do contorno.

– Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento.

– Actuacións de mellora de climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético.

 Actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización.

– Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde.

PRAZOS DE SOLICITUDE

Ata o 4 de marzo.

MÁIS INFORMACIÓN

Ligazón: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TU503A&ano=2021&numpub=1&lang=es

 

 

Pin It on Pinterest

Share This