Subvencións para rehabilitación de vivenda nas ARIs dos Camiños de Santiago (2021)

Entrarían todas as vivendas das parroquias de Pedornes, Viladesuso e Mougás e as situadas no trazado do Camiño en Santa María de Oia

A Xunta de Galicia vén de abrir o prazo de presentación de subvencións do Programa de rexeneración e renovación urbana e rural no ámbito das (Áreas de Rehabilitación Integral) ARI dos Camiños de Santiago. Estas axudas van dirixidas a financiar actuacións de rehabilitación e renovación de edificios e vivendas situadas nos ámbito das anteditas ARI dos Camiños de Santiago.

As subvencións ás que se pode optar son as seguintes:

-As previstas no artigo 36 do Real Decreto 106/2018, do 9 de marzo, para o Programa do fomento da mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas, con redución da demanda enerxética nos termos establecidos no citado artigo.

-As previstas no artigo 43 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, para o fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas.

-A execución de obras e/ou traballos de mantemento e intervención nas vivendas unifamiliares e nos edificios, mesmo no interior das vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, co fin de adecualos aos estándares previstos pola normativa vixente.

-As obras de demolición de edificios e de vivendas e as obras de construción de edificios de vivendas e vivendas de nova construción. Os novos edificios e vivendas deberán ter unha cualificación enerxética mínima B e cumprir, en todo caso, coas esixencias do Código Técnico da Edificación.

BENEFICIARIOS

No caso de Oia entrarían tódalas vivendas das parroquias de Pedornes, Viladesuso e Mougás e as vivendas que están no trazado do Camiño en Santa María de Oia.

As cuantías da subvención determínanse en función dos m2 e da actuación realizada.

REQUISITOS DE ACCESO

Para poder acceder a este programa é necesario obter a cualificación provisional da actuación e, unha vez rematadas as obras, a cualificación definitiva.

O procedemento para obter estas cualificacións regúlase na seguinte Orde:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190702/AnuncioC3Q2-210619-0004_gl.html

PRAZOS DE SOLICITUDE

O prazo remata o 30 de setembro ou ata esgotamento de crédito (ten que ter a cualificación definitiva das obras).

MÁIS INFORMACIÓN

Na sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI408H&ano=2021&numpub=1&lang=es

OUTRAS AXUDAS PARA REHABILITACIÓN DE VIVENDA

Ver: “Subvencións para rehabilitación de vivendas