Subvencións para rehabilitación de vivendas

Dirixidas a residencias unifamiliares e edificios

O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) vén de abrir a convocatoria de axudas de rehabilitación edificatoria. Van dirixidas a persoas propietarias, arrendatarias, empresas constructoras, etc.. tanto para vivendas unifamiliares como para edificios de vivendas.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

– As relativas ao estado de conservación da cimentación, da estrutura e das instalacións

Estado de conservación de cubertas, azoteas, fachadas e medianeiras, incluíndo procesos de desamiantado.

– Adecuación interior da vivenda unifamiliar, agrupada en fila ou en edificio de tipoloxía residencial colectiva, ás condicións mínimas de funcionalidade, habitabilidade, seguridade e hixiene legalmente esixidas.

– A instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas ou outros dispositivos de accesibilidade.

– A instalación de produtos de apoio (guindastres ou artefactos análogos).

– Instalación de elementos de información ou de aviso (sinais luminosos ou sonoros).

– A instalación de elementos ou dispositivos electrónicos, a instalación domótica, etc..

– Calquera intervención que facilite a accesibilidade universal nos espazos do interior das vivendas unifamiliares ou en edificios de tipoloxía residencial colectiva, así como nas súas vías de evacuación

– Calquera intervención que mellore o cumprimento dos parámetros establecidos no Documento Básico do CTE, de seguridade de utilización e accesibilidade (DB-SUA).

REQUISITOS DAS VIVENDAS

Entre outros:

– Que estean finalizadas antes do 1 de xaneiro do 1996.

– Que constitúan o domicilio habitual.

– Deberán cumprir os requistos que establece a Orde reguladora das subvencións para cada actuación.

CONTÍA DAS AXUDAS

LIÑA B CONSERVACIÓN 3.000 € por vivenda + 30 € m2/local comercial
 

SEGURIDADE DE UTILIZACIÓN E ACCESIBILIDADE (OU ACTUACIÓNS CONXUNTAS CON CONSERVACIÓN)

·         Xeral: 8.000 euros por vivenda + 80 € m 2/local

·         Persoa con discapacidade: 14.000 euros

·         Discapacidade intelectual igual ou superior a 33% ou física a 65%: 17.000 €

 

Estas contías increméntanse en 1.000 euros por vivenda e 10 euros m2/local se o edificio é Ben de Interese Cultural (BIC).

Se a persoa solicitante é menor de 35 anos e a vivenda está nun concello de menos de 5.000 habitantes: un 25% máis nas axudas unitarias.

PRAZOS DE SOLICITUDE

Ata o 22 de abril.

MÁIS INFORMACIÓN

Na sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal/ Procedemento VI422E

OUTRAS AXUDAS PARA REHABILITACIÓN DE VIVENDA

Ver: “Subvencións para rehabilitación de vivenda nas ARIs dos Camiños de Santiago (2021)”.