Etiqueta: Actividades

Semana Cultural Mougás

NOTA IMPORTANTE SEMANA CULTURAL MOUGÁS

A Asociación de veciños de Mougás, comunica que se suspenden os actos previstos no centro cultural ata o xoves dia 2.
Por solidaridade coa familia Domínguez Rodriguez. D.E.P.

Dende o Concello de Oia, nestes momentos tan difíciles, mandamos unha forte aperta a familia, amigos e veciños. D.E.P. 😞

Posto informativo sobre compostaxe este xoves na Centinela

A Praza Centinela de Oia acollerá este xoves 3 de outubro unha carpa informativa sobre a compostaxe. A actividade enmárcase dentro do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra e conta coa colaboración do Concello de Oia.

No posto informativo, as mestras e mestres composteiros do Plan Revitaliza serán as encargadas de dar información sobre a compostaxe e os seus beneficios. Tamén organizarán xogos e repartirán plantas e outros agasallos entre as persoas asistentes.

Todas as veciñas e veciños que queiran participar na actividade poderán achegarse á carpa este xoves entre as 10.00 e as 13.00 horas.