Etiqueta: Andainas

MARCHA NÓRDICA – LA ICÓNICA

26 e 27 de SETEMBRO de 2020 MARCHA NÓRDICA – LA ICÓNICA

¿Qué es la Icónica?

Se trata de una prueba de senderismo y marcha nórdica que descubrirá el encanto de dos de las rutas mas espectaculares del Baixo Miño, el Camino portugués de la costa y la ruta del Minho, senderos y ecopista que discurren pegados al rio Miño. Habrá servicio de autobuses gratuito para todos los participantes que deseen volver a la linea de salida al terminar el evento.

CAMINO PORTUGUÉS DA COSTA – RUTA DEL MIÑO

(26 Y 27 DE SEPTIEMBRE DE 2020)

ETAPA 1 – OIA – O ROSAL – A GUARDA (15km) SABADO 26, saída ás 16 30 horas

ETAPA 2 – A GUARDA – TOMIÑO – VILANOVA CERVEIRA – VALENÇA – TUI (30km) DOMINGO 27, saída ás 9 30 horas

REXISTRO: https://bit.ly/2FT6I9R

LIMITE 100 PRAZAS

sorteo de mais de 1000 euros en agasallos

autobuses de balde

SUSPENDIDA – Andaina pola igualdade

SUSPENDIDA A ACTIVIDADE COMO MEDIDA PREVENTIVA POR CONTAXIOS DO CORONAVIRUS

O domingo día 15 se desenvolverá a “Andaina pola Igualdade” , que percorrerá a recentemente sinalizada ruta circular do Mosteiro, un itinerario de sendeirismo de dificultade media e 7,8 km de lonxitude. A ruta sairá ás 10.00 horas do Mosteiro. Trátase dunha actividade gratuíta, pero cómpre inscribirse previamente no Concello antes do día 12 (teléfonos de información 986.36.21.25 e 639.32.94.93). 

Máis información

O Concello de Oia organiza unha visita guiada e unha andaina para conmemorar o día da Muller

Andaina en Oia -Monumenta 2019

Organiza Xunta de Galicia- Consellería de Cultura

A ANDAINA
Hora de saída: 10:30
Hora de regreso estimada: 14:30
Distancia: 6 km.
Dificultade: baixa.
Itinerario: na primeira parte da actividade, realizaremos o tramo do Camiño Portugués, e despois, visitaremos o mosteiro de Oia.
Observacións: camiño rural agás un tramo de poucos metros pola beirarrúa da PO-532.
Non hai zonas de sombra. Necesidades específicas: calzado cómodo, protector solar, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos.
Inscrición previa: prazas limitadas a 80 persoas.

Máis Información en:
e.mail,  julio.escoitar@gmail.com e teléfono: 619 63 72 11

Admisión por orde de inscrición.
Imprescindible inscrición, 26 de xullo ao 9 de agosto.

 

MÁIS INFORMACIÓN DE INTERESE

 

PUNTO DE ENCONTRO
No campo da festa do mosteiro de Oia. A zona de aparcamento é ampla.
Como chegar: coller a PO-532 Baiona – A Guarda e, á altura do km 34, tomar o desvío indicado para o mosteiro de Oia. https://goo.gl/maps/ FJn4ukfoaZKHqEeV7

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
Existe o patrimonio xeomorfolóxico? Por suposto que si, e nesta andaina falaremos del e da súa relación coa arqueoloxía, polo que poderemos facernos unha idea da historia do clima e, por tanto, do cambio climático. Trátase dun tramo da costa que conta con numerosas testemuñas do pasado, como os depósitos sedimentarios antigos na beiramar, as saíñas romanas, os topónimos referentes a actividades mariñeiras xa desaparecidas e, por suposto, o mosteiro de Oia, que na súa evolución histórica sufriu vaivéns relacionados con crises ambientais e climáticas; por exemplo, o maremoto derivado do terremoto de Lisboa.

MONUMENTA DIVULGA
Nesta fermosa andaina, comprobaremos como o patrimonio é un ecosistema, ás veces invisible, que debemos aprender a sentir. Pasearemos por 3 km do Camiño Portugués, onde se escoita un dos grandes tesouros da paisaxe sonora de Galicia, debido á forza das ondas do océano Atlántico: o mesmo culpable da estrela gastronómica da zona, o percebe de Oia.

MONUMENTA ESCOITA
Faia Díaz Novo, membro de De Vacas, o coro Encaixe ou Apatacón, estréase en solitario coa colaboración de Hevi, músico urbano coñecido por Fluzo e Malandrómeda. Ao cabo leirín é o título do seu primeiro disco, un traballo moi especial onde cantigas e músicas populares foron interpretadas e gravadas entre ambientes sonoros en vivo.

MONUMENTA DEGUSTA
«Auga a ferver, percebes botar; auga a ferver, percebes sacar». Faremos unha pequena introdución a este crustáceo e ao seu sucedáneo vexetal, o codium.

CAMIÑANTES CONVIDADOS
Juan López Bedoya, xeógrafo físico e divulgador científico. Xoán Lois Vila,
percebeiro de Oia. Xoán Martínez, coordinador da visita guiada ao mosteiro de Oia.

 

Andaina pola igualdade

Andaina que percorrerá o 21 de xullo ás 9.15 h os barrios de Oia, Pedornes e o Camiño Portugués da Costa.