Etiqueta: Monasterio de Oia

SUSPENDIDA – Andaina pola igualdade

SUSPENDIDA A ACTIVIDADE COMO MEDIDA PREVENTIVA POR CONTAXIOS DO CORONAVIRUS

O domingo día 15 se desenvolverá a “Andaina pola Igualdade” , que percorrerá a recentemente sinalizada ruta circular do Mosteiro, un itinerario de sendeirismo de dificultade media e 7,8 km de lonxitude. A ruta sairá ás 10.00 horas do Mosteiro. Trátase dunha actividade gratuíta, pero cómpre inscribirse previamente no Concello antes do día 12 (teléfonos de información 986.36.21.25 e 639.32.94.93). 

Máis información

O Concello de Oia organiza unha visita guiada e unha andaina para conmemorar o día da Muller

Xornada de portas abertas no Mosteiro para os veciños de Oia

A xornada de portas abertas vai dirixida aos veciños de Oia, e terá lugar o 13 de abril, en horario de 11:00, 12:00, 16:00 e 17:00 horas.

Será necesaria previa reserva na oficina de turismo, en horario 10 a 17 h., de mércores a domingo (tfno.- 986 36 22 25). Prazas limitadas.

Así mesmo, a propiedade Residencial Mosteiro de Oia, anunciou a próxima apertura do Mosteiro ao público en xeral. As reservas para estas visitas se realizarán por teléfono ou a través da súa páxina web: www.monasteriodeoia.com.