Etiqueta: Patrimonio

Andaina en Oia -Monumenta 2019

Organiza Xunta de Galicia- Consellería de Cultura

A ANDAINA
Hora de saída: 10:30
Hora de regreso estimada: 14:30
Distancia: 6 km.
Dificultade: baixa.
Itinerario: na primeira parte da actividade, realizaremos o tramo do Camiño Portugués, e despois, visitaremos o mosteiro de Oia.
Observacións: camiño rural agás un tramo de poucos metros pola beirarrúa da PO-532.
Non hai zonas de sombra. Necesidades específicas: calzado cómodo, protector solar, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos.
Inscrición previa: prazas limitadas a 80 persoas.

Máis Información en:
e.mail,  julio.escoitar@gmail.com e teléfono: 619 63 72 11

Admisión por orde de inscrición.
Imprescindible inscrición, 26 de xullo ao 9 de agosto.

 

MÁIS INFORMACIÓN DE INTERESE

 

PUNTO DE ENCONTRO
No campo da festa do mosteiro de Oia. A zona de aparcamento é ampla.
Como chegar: coller a PO-532 Baiona – A Guarda e, á altura do km 34, tomar o desvío indicado para o mosteiro de Oia. https://goo.gl/maps/ FJn4ukfoaZKHqEeV7

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
Existe o patrimonio xeomorfolóxico? Por suposto que si, e nesta andaina falaremos del e da súa relación coa arqueoloxía, polo que poderemos facernos unha idea da historia do clima e, por tanto, do cambio climático. Trátase dun tramo da costa que conta con numerosas testemuñas do pasado, como os depósitos sedimentarios antigos na beiramar, as saíñas romanas, os topónimos referentes a actividades mariñeiras xa desaparecidas e, por suposto, o mosteiro de Oia, que na súa evolución histórica sufriu vaivéns relacionados con crises ambientais e climáticas; por exemplo, o maremoto derivado do terremoto de Lisboa.

MONUMENTA DIVULGA
Nesta fermosa andaina, comprobaremos como o patrimonio é un ecosistema, ás veces invisible, que debemos aprender a sentir. Pasearemos por 3 km do Camiño Portugués, onde se escoita un dos grandes tesouros da paisaxe sonora de Galicia, debido á forza das ondas do océano Atlántico: o mesmo culpable da estrela gastronómica da zona, o percebe de Oia.

MONUMENTA ESCOITA
Faia Díaz Novo, membro de De Vacas, o coro Encaixe ou Apatacón, estréase en solitario coa colaboración de Hevi, músico urbano coñecido por Fluzo e Malandrómeda. Ao cabo leirín é o título do seu primeiro disco, un traballo moi especial onde cantigas e músicas populares foron interpretadas e gravadas entre ambientes sonoros en vivo.

MONUMENTA DEGUSTA
«Auga a ferver, percebes botar; auga a ferver, percebes sacar». Faremos unha pequena introdución a este crustáceo e ao seu sucedáneo vexetal, o codium.

CAMIÑANTES CONVIDADOS
Juan López Bedoya, xeógrafo físico e divulgador científico. Xoán Lois Vila,
percebeiro de Oia. Xoán Martínez, coordinador da visita guiada ao mosteiro de Oia.

 

Curro das moscas: “Mougás”

Este domingo, se cerra a tempada de curros en Oia!!

Se queres saber máis sobre os curros, e as súas fechas, pulsa no seguinte enlace: CURROS.

 

LOCALIZACIÓN

Curro das moscas: “Torroña”

Este domingo, temos o segundo curro de verán en Oia!!

Se queres saber máis sobre os curros, e as súas fechas, pulsa no seguinte enlace: CURROS.

 

LOCALIZACIÓN

Curro das moscas: “A Valga”

Comezan os curros de verán en Oia!!

Se queres saber máis sobre os curros, e as súas fechas, pulsa no seguinte enlace: CURROS.

LOCALIZACIÓN

Curro de Mougás

Este domingo, temos o terceiro curro da temporada en Oia!!

Se queres saber máis sobre os curros, e as súas fechas, pulsa no seguinte enlace: CURROS.

Festas patronais de Oia

Durante os vindeiros 8, 9 e 10 de xuño, celébranse as festas na honra  da Virxe do Carmen, do Santísimo e da Virxe do Mar (Patroa do Concello de Oia).

Achegamos o programa dos actos que se celebrarán nestes días:

Programa

Venres 7

  • 19:00 h, actuación do grupo de baile “Giro´s” de Oia.

Sábado 8, festas na honra da Virxe do Carmen

  • 08:00 h, salva de bombas que anunciarán o comezo das festas.
  • 10:30 h, tradicional pasacalles coa ‘Banda Agrupación Musical da Guarda’.
  • 12:30 h, Misa Solemne con sermón e procesión cantada con voz e órgano, e concerto.
  • 20:30 h, teatro na casa de Cultura de Oia con ‘Os mellores do grupo de Santa María de Oia’, estrean a obra “O Veleno, só ou con leite?”.
  • 23:00 h, verbena cos grupos ‘Cañón’ e ‘Claxxon’.

Domingo 9, festas na honora do Santísimo

  • 08:00 h, salva de bombas que anunciarán o comezo das festas.
  • 12:30 h, tradicional pasacalles coa ‘Banda de Música Unión Musical de Mougás’.
  • 12:30 h, Misa Solemne con sermón e procesión cantada pola ‘Coral da Agrupación Musical do Rosal’, e concerto.
  • 19:00 h, verbena coa orquesta ‘Suavecito’ e o grupo ‘Assia’.

Luns 10, festas na honora da Virxe do Mar, Patroa do Concello de Oia

  • 08:00 h, salva de bombas que anunciarán o comezo das festas.
  • 10:30 h, tradicional pasacalles coa ‘Banda de Música de la Brigada de Infantería Ligera Aéreo Transportable’ (BRILAT).
  • 12:30 h, Misa Solemne con sermón e procesión cantada pola ‘Coral Vagalume de Oia’, e concerto.
  • 23:00 h, verbena coa orquesta ‘La Fórmula’.
  • 00:00 h, sorteo dun Dacia Sandero.