Patrimonio

Este domingo Oia celebra o curro de Mougás

Este domingo Oia celebra o curro de Mougás

Como vén sendo tradicional, o segundo domingo do mes de xuño celebrarase o curro de Mougás, que na edición deste ano prevé reunir un total de 400 bestas e 120 poldros

O Concello de Oia remata a pasarela colgante peonil sobre o río Tamuxe en Loureza

O Concello de Oia remata a pasarela colgante peonil sobre o río Tamuxe en Loureza

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, e a alcaldesa, Cristina Correa, supervisaron esta mañá a conclusión desta actuación, consistente na reconstrución da infraestrutura de paso e a adecuación dos accesos no lugar de Acevedo | A nova pasarela sostense a través dunha solución de cables en suspensión enganchados a macizos de formigón e conta cunha plataforma entarimada en material sintético para favorecer a súa durabilidade | Trátase dun importante recurso turístico para peóns e ciclistas na contorna de Monte Redondo e Cova do Lobo, onde se proxecta unha aula da natureza, e para dotar de máis atractivos un municipio clave do Camiño Portugués pola Costa

Rematan as obras de mellora dos lavadoiros de Torroña e Bonaval

Rematan as obras de mellora dos lavadoiros de Torroña e Bonaval

O delegado territorial, Luis López, acompañado pola alcaldesa de Oia, Cristina Correa, supervisou esta dobre actuación na parroquia de Burgueira, financiada coas axudas da orde de infraestruturas turísticas para concellos de ata 10.000 habitantes

O Concello de Oia acondiciona a “Fonte do Porto”

O Concello de Oia acondiciona a “Fonte do Porto”

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda concedeu axudas por case 40.000€ a concellos e particulares de Tui, Oia, A Guarda e Tomiño para apostar pola mellora estética ao abeiro da orde do fermosismo

Pin It on Pinterest