Taller de estimulación da memoria en Torroña

O Concello e a Asamblea Comarcal de Cruz Vermella Baixo Miño, organizan por segundo ano consecutivo o Taller de estimulación da memoria, correspondendo deste xeito á gran acollida veciñal que tivo na súa primeira edición.

O taller se imparte os luns, nas Escolas de Torroña, en horario de 16.30 ou de 17.30, con duración dunha hora cada grupo.

A actividade é gratuíta e está dirixida a persoas maiores de 65 anos e xurde da iniciativa de crear un espazo para fomentar as aptitudes das persoas maiores, non só reforzando as súas destrezas, senón tamén, potenciando unha actitude positiva fronte o cambio.

A actividade comezou no mes de outubro. Se algún veciño/a quere participar e sumarse a esta actividade, pode chamar ao Concello: tfno. 986 362 125.

Pin It on Pinterest

Share This