Veciños do Concello de Oia viaxaron a Portugal para visitar o pobo irmán da Freguesia de Oiã

O Concello de Oia programou esta fin de semana pasada, unha excursión de vecinos e veciñas e da banda de bombos Nova Semente, á localidade irmanada da Freguesia de Oiã, acompañados de membros da Corporación.

Arredor de 165 persoas visitaron Oiã, onde se celebraba a Festa da Flor, evento de gran éxito, que reúne a centenares de toda Portugal.

Alí se disfrutou do desfile que discorreu por rúas completamente adornadas de flores, dun mercado de artesanía e de diversas actividades para nenos como os Xogos sen Fronteiras, todo esto dentro do marco da Festa Barroca.

Segundo a Alcaldesa, Cristina Correa, “a viaxe tivo gran acollida entre os veciños, que puideron vivir a Festa da Flor e comprobar a gran hospitalidade dos irmáns Oianenses. Foi unha visita moi productiva, onde ambos executivos tivemos ocasión de achegar opinións sobre futuros intercambios culturais que serán moi enriquecedores para ambos pobos”.