‘Vive o Camiño’ chega a Oia recorrendo o Camiño Portugués da Costa

O programa ‘Vive o Camiño’ presenta as propostas para o vindeiro 1 de agosto no Concello de Oia. Teremos un contacontos, Celso Fernández Sanmartín, Celsiño, que a partir das 21.30 h. actuará na eira do Monasterio; e a partir das 22.00 h. teremos a actuación musical de Najla Shami dúo.

En caso de choiva celebraranse no centro sociocultural de Pedornes.