Xa están abertas as inscricións para a VII BTT e IV Andaina Chourizada de Oia

O Concello de Oia organiza, o vindeiro 27 de enero, a VII BTT e IV Andaina Chourizada de Oia, para as que xa están aberta as inscricións.

A saída da BTT será as 9.30 h dende o Mosteiro, e se fará un percorrido de 33 km de dificultade media. Os participantes pasarán por contornos moi atractivos de Oia, como son o Camiño Portugués da Costa, a Ruta Máxica, A Cabeciña, as Pozas de Mougás, as Sobreiras do Faro, Petroglifos da Pousadela, Pedreira, …

Os que queiran máis información sobre a ruta, poden consultar na páxina de Ciclismo Oiense, xa que haberá catro tramos a maiores, e de dificultade alta para os máis atrevidos.

Tamén está prevista a IV Andaina, de 12 km, para os que prefiran recorrer o camiño andando. Se fará un recorrido rico en patrimonio cultural e natural.

O rematar actuará, como ven sendo tradicional nestra proba, un grupo de gaitas.