Xornada de portas abertas sobre a fibromialxia o venres en Mougás

A Casa da Cultura de Mougás acollerá este venres día 24 unha xornada de portas abertas sobre a fibromialxia. A iniciativa, que inclúe diversas actividades que correrán a cargo de especialistas en diversas disciplinas, está organizada pola asociación Fibromiño e conta coa colaboración do Concello de Oia.

A programación de actividades comezará ás 17.00 horas e incluirá as seguintes propostas:

-17.00 horas: Charla “A Fibromialxia”, por Diego Pérez (naturópata).

-18.00 horas: Práctica de pranayama (técnicas de respiración) e asanas (posturas de ioga), por Pablo Fernández (profesor de ioga e meditación).

-18.30 horas: Práctica de relaxación e son, por Pilar Díaz (profesora de ioga e meditación e terapeuta de son).

A actividade é gratuíta baixo inscrición. As persoas interesadas en participar poden apuntarse no teléfono 667 30 30 65.

Pin It on Pinterest

Share This