A campaña “Galicia sabe amar” trae mañá a Oia os sabores das rías galegas
A campaña “Galicia sabe amar” chegará a Oia este mércores 30 de agosto coas súas propostas gastronómicas, que teñen o obxectivo de promocionar o produto galego da terra e do mar. Dentro desta iniciativa, un foodtruck estacionado no entorno da Praza Centinela (O Arrabal, Santa María de Oia) ofrecerá varias opcións de petiscos nos que o produto galego certificado é o protagonista.
Esta unidade móbil estará operativa cun horario de 12.00 a 15.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas, aproximadamente, co obxectivo de que o público poda achegarse e degustar as diferentes propostas gastronómicas.
A través da retranca galega e os dobres sentidos, a campaña “Galicia sabe amar” quere animar á cidadanía a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.
Neste verán a iniciativa sóbese ás catro rodas a través de catro foodtrucks que levan o sabor das rías galegas por máis de 250 municipios de toda España vinculados ao Camiño de Santiago. En cada parada os visitantes poderán degustar algún dos 10 deseñados para esta campaña.