A degustación dos produtos da campaña “Galicia sabe amar”, mañá en Oia

A campaña “Galicia sabe amar” chegará a Oia este venres 2 de agosto coas súas propostas gastronómicas, que teñen o obxectivo de promocionar o produto  galego da terra e do mar. Dentro desta iniciativa, un foodtruck estacionado nas inmediacións do Mosteiro de Oia (rúa Don Claudio Rodal Fandiño) ofrecerá varias opcións de petiscos nos que o produto galego certificado é o protagonista.

A unidade móbil estará aberta cun horario de 10.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas, co obxectivo de que o público poda achegarse e degustar das diferentes propostas gastronómicas presentadas en formato de pincho.

A través da retranca galega e os dobres sentidos, a campaña “Galicia sabe amar” quere animar á cidadanía a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.

Pin It on Pinterest

Share This