A unidade móbil de “Coidados porta a porta” visitará Oia o 25, 26 e 29 de maio
A unidade móbil do programa “Coidados porta a porta” da Xunta de Galicia visitará Oia nas próximas semanas para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación de memoria. O vehículo situarase diante do campo de fútbol de Santa María de Oia os días 25, 26 e 29 deste mes.
O servizo é gratuíto e funciona con cita previa, que se pode solicitar chamando aos teléfonos 622.748.283/623.546.992 ou ben a través do correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal. A inscrición tamén pode facerse na Concellería de Política Social, coa concelleira Carmen María Estévez, ou chamando ao Concello ao número 986.36.21.25.
O programa “Coidados porta a porta” achega servizos asistenciais a maiores que viven no rural co obxectivo de previr a dependencia. Inclúe tres tipos diferentes de servizos: podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria. Cada sesión concertada pode ter unha duración de ata 45 minutos. Segundo a especializade, as actuacións serán as seguintes:
-Servizo de podoloxía con consulta básica, onde se fará unha valoración do estado xeral do pé, un corte e limpeza de unllas e se procederá a eliminación de durezas, calos e helomas.
-Servizo de audioloxía, no que se fará unha valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
-Servizo de estimulación da memoria, cun profesional que realizará una valoración cognitiva e proporcionará pautas para previr e minorar posibles deterioros.