Cos seus máis de cen anos, garda un gran sentido do humor e sempre ten momentos para risas e anécdotas. E moi afeccionada a radio, lle encanta escoitar o programa de Piñeiro polas mañás, e polas noites o de Marcial da Radio Galega, co que xa falou nunha ocasión por teléfono. O seu outro gran pasatempo é o ganchillo, e non deixa de facer peciñas de roupa para os seus netos e bisnetos.
Preguntándolle o segredo para manterse tan ben aos 101 anos, nos contou entre risas que “Tódalas mañás, todas, todas, o primeiro que fago é tomar unha cucharadiña das do café de mel”, sen esquecer que “se como unha comida forte ou vexo que me encontro mal, mollo a boca con augardente de cereixa, e parece que xa me consola”.