A web do Concello de Oia incorpora un apartado específico sobre o parque eólico Albariño I

A sección inclúe información sobre o expediente e modelos de alegacións para descargar

A páxina web do Concello de Oia vén de incorporar un apartado específico con información sobre o proxecto de parque eólico Albariño I. Esta sección inclúe información sobre o proxecto eólico, a relación de bens afectados e modelos descargables de alegacións.

O Concello de Oia alegará en contra deste proxecto de parque eólico, que prevé afección en varios puntos do municipio. Así mesmo, pon a disposición da veciñanza a información sobre o expediente e modelos descargables para todas as persoas que tamén desexen alegar. O prazo de presentación de alegacións remata o próximo día 18.

Pódese acceder ao apartado na seguinte ligazón: https://www.concellodeoia.es/albarino-i/ 

Así mesmo, o Concello de Oia irá informando sobre outros proxectos eólicos que teñan afección no municipio.

Parque Albariño I

O parque eólico Albariño I afecta a tres municipios: Oia, Baiona e Tomiño. Este parque prevé 6 aeroxeradores: 2 en Baiona, 2 en Mougás e 2 no límite entre Burgueira e Tomiño.

Os aeroxeradores teñen unha altura de buxa a 125 m e 149,1 m de diámetro de rotor (cada pa 75 m. aprox.), 2 torres de medición en Torroña, 2 liñas soterradas de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores, unha subestación transformadora en Barrantes, que se conectará cunha nova liña aérea á liña xa existente Gondomar-O Rosal, e un edificio de control situado fronte á subestación Barrantes, de 600 metros cadrados.

Pin It on Pinterest

Share This