A Xunta promove o coñecemento do patrimonio arqueolóxico e cultural do Camiño portugués nun campo de voluntariado en Oia

A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visitou hoxe o campo de voluntariado O Camiño portugués pola costa, que se está a celebrar en Oia, e co que o Goberno galego está a promover, entre a mocidade de 18 a 30 anos, o patrimonio etnográfico, arqueolóxico e cultural arredor desta vía xacobea.

A representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salientou que a franxa litoral deste municipio pontevedrés se ten convertido nun camiño natural desde a prehistoria, “ateigada de vestixios expresados en forma de arte rupestre, castros, asentamentos romanos, igrexas, mosteiros ou fachos”. Por este motivo, puxo en valor a importancia das actividades que se están a desenvolver neste campo de voluntariado ao redor do patrimonio do Camiño portugués pola costa, “vía que se está consolidando como unha das rutas xacobeas que máis medra”, enxalzou.

Pin It on Pinterest

Share This