A Xunta recuperará a pasarela colgante de Acevedo, en Oia, para desfrute da veciñanza

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, asinou esta mañá coa alcaldesa de Oia, Cristina Correa, o convenio que permitirá investir máis de 90.000 euros na contorna do río Tamuxe

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, asinou esta mañá coa alcaldesa de Oia, Cristina Correa, o convenio de colaboración entre Turismo de Galicia e o Concello para a recuperación da pasarela peonil colgante de Acevedo, un lugar estratéxico para a veciñanza. Ao acto tamén asistiu o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López.

Segundo explicou o vicepresidente primeiro, coa sinatura deste convenio preténdese rehabilitar unha infraestrutura degradada para uso dos peóns e dos ciclistas, ofrecendo así un espazo de ocio e descanso para a veciñanza da zona e para o turismo en xeral. Con esta finalidade, a Xunta inviste, a través da Axencia Turismo de Galicia, algo máis de 90.000 euros.

As obras perseguen a recuperación da ponte colgante integrada na paisaxe que dá acceso a Monte Redondo e Cova de Lobo, onde está previsto fomentar unha área natural na contorna do río Tamuxe. Con esta actuación, ademais de habilitar un espazo natural e de lecer, mellórase a seguridade dos visitantes coa substitución da ponte actual, moi deteriorada polo paso do tempo.

Pin It on Pinterest

Share This