Aberta a convocatoria da submedida LEADER
esquí, hípica e outras, actividades de valorización e divulgación do patrimonio cultural, balnearios e centros de talasoterapia. Os investimentos que impliquen a creación de prazas de aloxamento estarán supeditados ás limitacións sectoriais recollidas no artigo 69
destas bases reguladoras.
✅ Con carácter xeral, os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar localizados no ámbito territorial elixible de aplicación da estratexia de desenvolvemento local do GDR.
b) Ser viables técnica, económica e financeiramente, para os proxectos de natureza produtiva, e técnica e financeiramente para os non produtivos.
c) Axustarse á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.
d) Non estar iniciados na data da presentación da solicitude de axuda. Para estes efectos, considérase como inicio do investimento o comezo dos traballos de construción, ou ben o primeiro compromiso en firme para o pedido dos equipos ou outro compromiso que faga o investimento irreversible e que vincule xuridicamente ao solicitante, se esta data é anterior. Sen embargo, a compra de terreos e os traballos preparatorios, como a obtención de permisos e a realización de estudos de viabilidade, non terán a consideración de inicio dos traballos.
e) Ser finalistas, é dicir, que á data da xustificación final dos investimentos ou gastos subvencionados cumpran os obxectivos e funcións para os que foron aprobados os proxectos. Non poderán subvencionarse fases dun proxecto que non constitúan unha actividade finalista.