Aberto o prazo de admisión de alumnado para o curso 2022-2023 do CEIP Refoxos
Dende o 1 ata o 22 de marzo, está aberto o prazo para presentar a solicitude de admisión de alumnado para o curso 2022-2023.
As familias interesadas poden presentar a solicitude pola Sede Electrónica da Xunta no seguinte enlace:
ED550B – Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B&ano=2018&numpub=1&lang=es
ou ben presencialmente na secretaría do centro pedindo previa cita no teléfono 686743308 e cubrilas e imprimilas na aplicación da Consellería para asinalas:
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/PaxinaInicio.action#
para máis información, pode acceder á web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipderefoxos/
Documentación para a presentación
– Solicitude segundo o Anexo II.
– Comprobación de datos dos membros da unidade familiar que non sexan a persoa que asina a solicitude Anexo II bis. Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
– Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a. (DNI, Libro de familia…)
– Certificado oficial do expediente académico en caso de vir doutro centro.
– Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
– Título de familia numerosa de ser o caso.
– Certificado de discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia de darse o caso.