Actuacións no centro de cobertura de TDT
Para cumprir co proceso de liberación do segundo dividendo dixital, estánse a levar a cabo unha serie de actuacións para realizar os cambios necesarios nos centros de cobertura do sinal de TDT
Están a realizarse actuacións nos centros emisores de televisión da zona con motivo da liberación do Segundo Dividendo Dixital, o que implica un cambio de canles de televisión e a necesidade de resintonizar o seu televisor para seguir desfrutando da súa programación preferida, afectando principalmente as frecuencias de emisión actual do múltiple autonómico.
Para poder seguir desfrutando destas canles, os interesados deberán, en primeiro lugar, dispor da cobertura axeitada do devandito centro, podendo confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura por vía telefónica – 881 866 388 – ou na web http://www.tdtgalicia.gal. A continuación, bastará con realizar unha busca das novas canles no receptor de TDT.
Se estes días deixa de ver algunha canle de televisión resintonice o seu televisor.