Alumnos de Oia participaron nun proxecto sobre igualdade e prevención de violencia de xénero

Para a conmemoración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, O Concello de Oia e a Deputación de Pontevedra organizaron ata o pasado 16 de novembro a 2ª edición do proxecto “Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero” centrado, desta vez, na diversidade.

O proxecto, dirixido a alumnado de Primaria, desenvolveuse en tres sesións onde, a través do xogo, traballáronse os estereotipos, a importancia de respectar os demais e a diversidade no ámbito da familia.

Nesta actividade participaron o CEIP Refoxos e CEIP Mestre Manuel García.

Pin It on Pinterest

Share This