Analítica de fontes
O Concello fixo a analítica das fontes, dando aptas para o consumo humano as seguintes: Fonte da Cabreira (Mougás), Fonte da Presa (Mougás), Fonte de Colón (Viladesuso), Fonte dos Preáns (Viladesuso), Fonte da Pescaría (Pedornes), Fonte de San Cosme e San Damián (Sta. María de Oia), Fonte da Regeiriña (A Portela).
Se procedeu a rotular coa sinal de “Non apta para o consumo” as fontes que non tiveron un resultado positivo, e “Auga sen garantía sanitaria“ as fontes que deron aptas. Se indicará en cada Parroquia para o coñecemento da veciñanza, nos taboleiros de anuncios, o detalle de cada unha das fontes, indicando se deron aptas ou non aptas, e os parámetros que incumpren as non aptas. Nuns meses se realizará unha nova analítica.