Aprazada a inauguración da nova Praza do Campo, en Burgueira
Por mor das previsións de chuvia para mañá sábado 25 de febreiro, o acto de inauguración da Praza do Campo, en Burgueira, queda aprazado. Se as condicións meteorolóxicas o permiten celebrarase o domingo 5 de marzo ás 12.00 horas.
Unha vez rematados os traballos para renovar este espazo público e dotalo dunha identidade propia, o Concello de Oia quere compartir e celebrar coa veciñanza a transformación deste espazo situado no corazón da parroquia Burgueira.
Estes traballos conseguiron transformar o lugar converténdoo nun espazo polivalente, accesible e respectuoso coa paisaxe e o patrimonio. O custe total da actuación foi de 267.867 euros, financiados con cargo ao programa REACPON da Deputación de Pontevedra cunha achega de 241.080 euros e asumindo o Concello a parte restante, de 26.786 euros.