Aprazado o Cross Escolar de Pedornes polas previsións de chuvia
Debido as previsións de chuvia para o sábado 8 de xuño, día no que estaba prevista a celebración o XIII Cross Escolar de Pedornes, o evento deportivo queda aprazado. A nova data comunicarase nos vindeiros días e, mentres tanto, mantense aberta a inscrición unha semana máis.
O evento, organizado conxuntamente polo Concello de Oia, o club Cornelios e a Comisión de Festas de Pedornes, e coa colaboración de Deporte Galego da Xunta de Galicia, ten carácter gratuíto. É preciso incluír a autorización asinada polo pai/nai/titor do menor.
As prazas son limitadas e a inscrición pode facerse a través da ligazón https://acortar.link/xumrTA ou consultando a páxina de facebook “Cross escolar de Pedornes”. Para máis información pódese chamar ao Concello ao teléfono 986362125.
Haberá un total de 6 categorías, cada unha coa súa correspondente distancia:
- Infantil (2011-12): 1.750 metros
- Alevín (2013-14): 1.000 metros
- Benxamín (201516): 500 metros
- Pulgas (2017-18): 350 metros
- Minipulgas (2019-20): 200 metros
- Pulguiñas (2021-22-23): 100 metros