Arte urbano e historia local este domingo en Oia, nunha visita guiada gratuita

Este domingo, o Concello de Oia organiza unha visita guiada gratuíta co guía Borja Concheiro, de Vigo Turístico. Con esta cita se pecha o ciclo de visitas de arte urbana no municipio, iniciado no verán.

Como novidade, esta ruta contará coa presenza do propio artista: Flix Robótico, co que os asistentes poderán intercambiar impresións.

A cita permitirá descubrir a arte urbana neste Concello, ao mesmo tempo que se poderá coñecer un pouco máis da historia local do municipio.

A duración será dunha hora e media aproximadamente. O punto de encontro é a oficina de Turismo, o domingo 12 ás 12.30 horas, para percorrer o entorno do Mosteiro de Oia.

Durante estes últimos anos o Concello de Oia está a apostar por recuperar espazos grises e transformalos en expresión artística da man do artista Flix Robótico; un artista de renome internacional que participo na Bienal de Venecia e decorado recentemente a fundación Cartier de París.

Os interesados poderán inscribirse de forma gratuíta a través do teléfono 654226994 ou no correo vigoturistico@gmail.com. A ruta estará limitada a 20 participantes debido aos protocolos antiCovid e é posible anotarse ata o domingo ás 11h.

Pin It on Pinterest

Share This