Autor: multimedia

O Concello de Oia reforza a promoción turística do municipio con novas actuacións financiadas polo PSTD Oia Natural

Concello de Oia consolidou durante a tempada estival un conxunto de actuacións estratéxicas incluídas no Plan de Sostibilidade Turística en Destino – Oia Natural, financiado polo Ministerio de Industria e Turismo a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, no marco dos fondos europeos NextGenerationEU

Leer maís

O Concello de Oia mellora o Camiño Portugués da Costa coa instalación de novos cobertores para contedores financiados con fondos europeos

O Concello de Oia conta cunha nova actuación de mellora no Camiño Portugués da Costa, consistente na instalación de cobertores para contedores integrados na paisaxe, co obxectivo de reforzar a calidade ambiental, a estética do trazado e a experiencia das persoas peregrinas e visitantes

Leer maís

O Concello de Oia mellora a eficiencia enerxética da Oficina de Turismo con fondos europeos

O Concello de Oia levou a cabo diversas actuacións de mellora da eficiencia enerxética da Oficina de Turismo, cun investimento de 30.000 euros financiado con fondos europeos Next Generation EU, a través do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) Oia Natural, no marco do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia do Ministerio de Industria e Turismo

Leer maís

Axudas adquisición vivenda

AXUDAS Á ADQUISICIÓN OU AUTOPROMOCIÓN DE VIVENDAS en Concellos de menos de 10.000 habitantes por persoas menores de 36 anos

A Xunta convoca estas axudas para adquisición ou autopromoción de vivendas por persoas mozas.

  • Requisitos das persoas beneficiarias:

a) Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que lle sexa de aplicación. No caso de estranxeiros non comunitarios, deberán contar con autorización de estancia ou residencia en España.

b) Ter menos de 36 anos no momento de solicitar a axuda. Non obstante, para o suposto de adquisición dunha vivenda, este requisito poderá concorrer no momento da subscrición do contrato privado ou da formalización da escritura pública de compravenda, cando esta se realice antes da publicación da correspondente convocatoria.

c) Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 4,5 veces o IPREM. Este límite será de 5 veces o IPREM, se na unidade de convivencia existen persoas cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %, e de 5,5 veces o IPREM, se na unidade de convivencia existen persoas cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.

d) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia se atopen ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

e) Que nin a persoa solicitante nin as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

f) Que nin a persoa solicitante nin ningunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio español. Para estes efectos, non se considerará que se posúe a propiedade ou o usufruto dunha vivenda se o dereito recae unicamente sobre unha parte alícuota desta e foi obtido por herdanza ou transmisión mortis causa sen testamento. Exceptuaranse deste requisito aquelas persoas que, sendo titulares dunha vivenda, acrediten non ter a súa dispoñibilidade por causa de separación ou divorcio, non poidan habitala por calquera outra causa allea á súa vontade ou cando a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade da persoa solicitante ou de calquera membro da súa unidade de convivencia.

g) Que non se lles teña revogado, ou fosen obxecto dunha resolución de reintegro dunha axuda prevista no actual ou no anterior Plan estatal de vivenda, por incumprimento ou causa que lles fose imputable a aquelas.

Ademais destes

* para o suposto de adquisición de vivenda:

a) Ter subscrito dentro do prazo sinalado na correspondente convocatoria un contrato privado ou, de ser o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda que cumpra os requisitos sinalados nestas bases reguladoras.

b) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude, para o caso de dispoñer de escritura pública formalizada con anterioridade á referida data. A vivenda adquirida deberá constituír a súa residencia habitual e permanente por un prazo mínimo de cinco anos desde a data da súa adquisición

*para autopromoción de vivenda:

a) Que a persoa solicitante sexa propietaria ou usufrutuaria da parcela ou soar en que se atope a vivenda construída.

b) Que a vivenda construída vaia constituír a residencia habitual e permanente da persoa beneficiaria e das persoas integrantes da súa unidade de convivencia por un prazo mínimo de cinco anos desde a data da finalización da obra, debendo ser ocupada no prazo máximo de tres meses desde a dita data.

  • Requisitos das vivendas:

a) Que a vivenda adquirida ou autopromocionada estea localizada nun municipio pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia cunha poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes publicadas polo Instituto Galego de Estatística na data da publicación da correspondente convocatoria.

b) Que a vivenda sexa adquirida ou autopromocionada por un máximo de dúas persoas físicas.

c) Que o prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, ou o custo da autopromoción, sexa igual ou inferior a 250.000,00 euros. Para estes efectos, non se entenderán incluídos os gastos e tributos inherentes a ela. Así mesmo, no suposto da autopromoción, non se entenderá incluído neste importe o valor do solo.

– Ademais do previsto no punto anterior, para poder acceder ás axudas de adquisición é preciso que a vivenda xa estea construída no momento da presentación da solicitude. Para estes efectos, admitiranse tanto as vivendas novas como as usadas.

-Para o suposto da autopromoción, exixirase, ademais dos requisitos previstos no punto 1 deste ordinal:

a) Que as obras estean iniciadas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2026. En todo caso, a construción da vivenda deberá estar finalizada no momento da presentación da solicitude.

b) Que a vivenda construída cumpra cos requisitos exixidos no anexo I do Real decreto 326/2026, do 22 de abril.

c) Que todas as actuacións executadas se axusten á normativa técnica e urbanística en vigor.

  • Contía das axudas

1. A contía máxima da axuda será do 20 % do prezo de adquisición ou, de ser o caso, do custo da autopromoción da vivenda, sen incluír os gastos e tributos inherentes, cun máximo de 15.000 euros por vivenda.

2. No suposto de adquisición ou autopromoción por dúas persoas, o importe da axuda que puidese recibir a persoa beneficiaria determinarase aplicando a porcentaxe de cota de participación ao importe da axuda que lle correspondería, para o caso de ter adquirido ou construído o 100 % da vivenda.

  • Prazo de solicitude:

As solicitudes poderán presentarse dende as 09.00 horas do 27 de agosto ata ás 14.00 horas do 16 de novembro de 2026.

Presentación a través da sede electrónica da Xunta, procedemento VI501B

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI501B&ano=2026&numpub=1&lang=gl

Pin It on Pinterest