Autor: multimedia

“Camiño A Dentro” en Oia: mulleres artistas para pór en valor o Camiño Portugués

A Xunta e a Deputación de Pontevedra lanzan ‘Camiño A Dentro’: dez accións de mulleres artistas para pór en valor o Camiño Portugués. O proxecto, enmarcado en ‘O teu Xacobeo’, desenvolverase en dez concellos polos que pasa a ruta interior e a da costa e inclúe desde teatro, poesía e música a instalacións artísticas, videocreacións, ilustración e fotografía.

Leer maís

Posto informativo sobre compostaxe este xoves na Centinela

A Praza Centinela de Oia acollerá este xoves 3 de outubro unha carpa informativa sobre a compostaxe. A actividade enmárcase dentro do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra e conta coa colaboración do Concello de Oia.

No posto informativo, as mestras e mestres composteiros do Plan Revitaliza serán as encargadas de dar información sobre a compostaxe e os seus beneficios. Tamén organizarán xogos e repartirán plantas e outros agasallos entre as persoas asistentes.

Todas as veciñas e veciños que queiran participar na actividade poderán achegarse á carpa este xoves entre as 10.00 e as 13.00 horas.

Pin It on Pinterest