Cambio de localización temporal nalgúns contedores do lixo por avaría do camión pequeno

Cambio de localización temporal nalgúns contedores do lixo nas parroquias de Mougás, Viladesuso, Pedornes e Santa María de Oia

O Concello de Oia informa do cambio de localización temporal dalgúns dos contedores do lixo debido a unha avaría importante nun dos camións (o pequeno) que se encarga dos labores de recollida. Estes cambios de emprazamento produciranse en varios núcleos das parroquias de Mougás, Viladesuso, Pedornes e Santa María de Oia.

Os cambios, todos eles con carácter provisional, son os seguintes:

  • Mougás:
    • Os contedores do alto do camiño do Chorlo e Bragadela desprázanse ao transformador.
    • O do Outeiro pasa ao Eirado.
  • Viladesuso:
    • O contedor dos Preáns situarase no Eirado.
  • Pedornes:
    • O de Cardorrío pasa a situarse ao lado da casa de Tano.
    • O de Pachina irá ao lado antiga tenda de Naro.
    • O próximo á casa de Cabano colocarase no Calvario.
    • O de Vilar desprázase ao lado casa do Vilas.
  • Santa María de Oia:
    • O de Chavella, ao lado da casa de Noli, colocarase na de Berico.
    • O da Estrada Vella situarase no Cemiterio de Oia.

Estes cambios de emprazamento van dirixidos a evitar a acumulación de refugallos mentres o vehículo avariado permanece fóra de servizo. O Concello está a traballar nunha pronta resolución dos problemas técnicos do camión pequeno, se ben estima que a as localizacións temporais dos contedores permanecerán operativas entre 1 e 2 semanas.

IMPORTANTE

*O servizo de recollida de lixo municipal seguirá funcionando nos seus horarios habituais.

*As persoas maiores que vivan soas ou os veciños/as aos que lles resulte imposible desprazarse -por causa xustificada- ata as novas localizacións poderanse poñer en contacto co Concello (no teléfono 986.36.21.25) e pasarase a recoller o lixo aos seus domicilios.

*Lémbrase a toda a veciñanza que, nesta situación de alerta derivada do COVID-19, débense extremar as precaucións hixiénico-sanitarias á hora de depositar o lixo.

*Entre as medidas adoptadas polo Concello de Oia atópase a desinfección dos contedores e as zonas públicas onde se rexistra maior tránsito de persoas, tales como a contorna do Centro de Saúde e dos establecementos de alimentación.

*Recórdase que está suspendida a recollida de voluminosos mentres dure o estado de alarma.

Pregamos desculpen as molestias.

Pin It on Pinterest

Share This