Aviso fitosanitario sobre os tratamentos contra a Flavescencia dourada

A Consellería do Medio Rural remítelle un aviso fitosanitario no que se informa sobre o momento oportuno para aplicar tratamentos insecticidas contra o Scaphoideus titanus, vector da enfermidade da Flavescencia dourada da vide.

Pódese consultar mais información sobre a dita enfermidade no seguinte enderezo web:

https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/agricultura/sanidade-vexetal/organismos-nocivos-de-corentena

É obrigatorio que todos os viticultores de zonas demarcadas por Flavescencia dourada apliquen os tratamentos insecticidas autorizados nas seguintes parroquias:

  • Loureza (San Mamede)

É importante tamén que esta información chegue ao resto das parroquias do concello, por estar en risco de expansión da enfermidade.

Solicítase a súa colaboración para a máxima difusión do aviso que lle remitimos entre as persoas afectadas.

Pin It on Pinterest

Share This