- Este evento pasou.
Comida homenaxe ao Párroco Don Antonio Estévez
30 Marzo 2025 - 13:30 / 16:00

O vindeiro domingo 30 de marzo o Concello de Oia celebrará unha comida en homenaxe a don Antonio Estévez Fernández, párroco que adicou máis de 60 anos de servizo pastoral nas parroquias de Loureza e Burgueira e que se xubilou recentemente. Este acto especial terá lugar na Casa da Sociedade de Burgueira (haberá carpa).
A comida consistirá nun menú de entrantes e a tradicional carne ao caldeiro. O prezo por persoa é de 30 euros, podendo realizarse as reservas chamando aos teléfonos 639329493 ou 619409968. A data límite para inscribirse e adquirir as entradas é o martes 25 de marzo.
O acto estará amenizado coa actuación do cantante Antonio Barros. A organización corre a cargo do Concello de Oia e das Comunidades de Montes de Loureza e Burgueira e conta co apoio da Concellería de Cultura.
Esta homenaxe será unha oportunidade única para recoñecer a admirable traxectoria de don Antonio Estévez e gozar dunha xornada de convivencia e festa en comunidade.