Axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio
Estas axudas teñen por obxeto actuacións de rehabilitación a nivel de edifico
Persoas beneficiarias:
a) As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila e de edificios existentes de tipoloxía residencial de vivenda colectiva, así como das súas vivendas, ben sexan persoas físicas ou ben persoas xurídicas de natureza privada.
b) As comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal.
c) As persoas propietarias que, de forma agrupada, sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos polo artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal, así como as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actuacións que motivan a concesión da subvención.
d) As sociedades cooperativas compostas de forma agrupada por persoas propietarias de vivendas ou edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil, así como polas persoas propietarias que conforman comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal, e por cooperativas en réxime de cesión de uso das súas vivendas.
e) As empresas arrendatarias ou concesionarias dos edificios, así como cooperativas que acrediten a dita condición, mediante contrato vixente, que lles outorgue a facultade expresa para acometer as obras de rehabilitación obxecto do programa.
Requisitos das actuacións subvencionables:
a) Conseguir unha redución de, polo menos, un 30 % no indicador de consumo de enerxía primaria non renovable, referida á certificación enerxética e, ademais, unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración da vivenda unifamiliar ou do edificio de, polo menos, un 35 % se están situados en zonas climáticas D e E ou dun 25 % se están situados en zona climática C.
b) Cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación, así como contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas no caso de que estas as requiran.
Contía da subvención:
A contía máxima da subvención que se concederá por edificio determinarase atendendo ao custo total das actuacións que se vaian desenvolver e non poderá superar os límites resultantes que se indican e que se establecen en función do aforro enerxético. Estas cantidades poden verse aumentadas en caso de situacións de vulnerabilidade económica.
Aforro enerxético conseguido coa actuación |
Porcentaxe máxima da subvención do custo da actuación |
Vivenda |
Locais comerciais |
Contía máxima |
Contía máxima |
||
30 % ≤ ΔCep,nren < 45 % |
40 |
6.300 |
56 |
45 % ≤ ΔCep,nren < 60 % |
65 |
11.600 |
104 |
ΔCep,nren ≥ 60 % |
80 |
18.800 |
168 |
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes remata o 2 de outubro de 2023 (ou ata esgotamento do crédito)
Dende este enlace podedes acceder ó DOG, á ficha da axuda na sede electrónica e a un resumo moi completo