Axudas á adquisición de vivenda en concellos de menos de 5.000 habitantes
Dirixidas a persoas mozas maiores de idade que, teñan menos de 35 anos
O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) convoca axudas á adquisición de vivenda en concellos de menos de 5.000 habitantes (Oia) e nos centros históricos.
A contía da axuda para a adquisición será de ata 10.800 euros por vivenda, co límite do 20 % do prezo de venda, sen incluír os gastos e tributos inherentes a esa adquisición.
REQUISITOS DE ACCESO
Para poder acceder a estas axudas débense cumprir estes requisitos:
- Requisitos das persoas:
Persoas mozas maiores de idade que teñan menos de 35 anos na data de presentación da correspondente solicitude e reúnan os seguintes requisitos:
1.-Posuír a nacionalidade española ou ter a residencia legal en España.
2.-Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a tres veces o IPREM.
Este límite será de ingresos increméntase se se trata dunha familia numerosa de categoría xeral ou se dentro da súa composición existen persoas con discapacidade.
3.-Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude, para o caso de dispoñer de escritura pública de compravenda formalizada con anterioridade á data da presentación da correspondente solicitude.
4.-Que nin a persoa solicitante nin ningunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio español.
5.- Ter subscrito con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2021 un contrato privado ou, de ser o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda.
- Requisitos da vivenda:
1.-Que a vivenda estea localizada nun concello pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia de menos de 5.000 habitantes.
2.- Que a vivenda estea situada no ámbito dun centro histórico.
3.-Que se trate dunha vivenda xa construída, tanto vivenda nova como usada.
- Requisitos do prezo de adquisición da vivenda:
1.- Que o prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, sexa igual ou inferior a cen mil euros.
2.-No caso de subvencións para a adquisición de vivenda en centros históricos, os prezos da vivenda calcúlanse en función doutros parámetros que se establecen na convocatoria.
MÁIS INFORMACIÓN
Na ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210202/AnuncioC3Q2-140121-0001_gl.html