Axudas a empresas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE)
📌Axudas a empresas e persoas traballadoras autónomas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE)
As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.
Estrutúrase en tres liñas de axudas:
1️⃣Liña I: elaboración e implantación de plans de igualdade (as empresas deberán contar como mínimo con 10 persoas traballadoras e cun máximo de 49)
2️⃣Liña II: conciliación que, á súa vez, comprende tres subliñas:
Subliña II.1. Incentivos para fomento do teletraballo: incentivarase a adopción de acordos laborais de teletraballo. (mínimo unha persoa traballadora)
Subliña II.2. Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria. Incentivarase a adopción de acordos laborais de flexibilidade horaria. (mínimo 5 persoas traballadoras)
Subliña II.3. Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo.(mínimo unha persoa traballadora)
3️⃣Liña III: certificacións de RSE. certificacións de RSE (TR357B). Subvencionarase a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial. Poderán ser as que se relacionan ou equivalentes: empresa familiarmente responsable-EFR (conciliación), global reporting initiative (GRI); united nations global compact (Pacto mundial); ISO 19600, SGE 21, global accountability 1000 (AA 1000); EMAS, ISO 14000 (ambiente), SA 8000, IQNet SR10,
Bequal (discapacidade), ISO 45001 (seguridade e saúde laboral), certificación empresa
saudable e, así mesmo, selo de horarios racionais (SHR).. (mínimo 5 persoas traballadoras)
▶️ Contía das axudas
– Elaboración de plans de igualdade:
a) Ata o 80 % dos custos que leve consigo o proceso de diagnose previa da empresa cun máximo de 3.000 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata de 5.000 € nos demais supostos.
b) Ata o 80 % dos custos derivados da elaboración dun plan de igualdade, cun máximo de 1.500 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata de 3.000 € nos demais supostos.
c) Ata o 80 % dos custos derivados da implantación das medidas prioritarias previstas na primeira fase do plan de igualdade cun custo máximo de 1.000 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata 2.000 € nos demais supostos.
d) Unha contía de 12.000 € pola contratación como mínimo dun ano dunha persoa experta en igualdade.
– conciliación:
* subliña 1: Fomento do teletraballo:
As axudas consistirán nun incentivo de 2.000 euros por persoa traballadora cun acordo de teletraballo, ben por adaptación do contrato que teña na empresa ou ben pola realización dun novo contrato para unha persoa non vinculada á empresa, co límite máximo de 8.000 euros por empresa.
O límite máximo incrementarase en 1.000 euros para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa polo menos igual á masculina. Este incremento non será aplicable a aquelas empresas que xa o obtiveran noutras convocatorias.
* suliña 2: Fomento da flexibilidade horaria:
As axudas consistirán nun incentivo de 8.000 euros por empresa solicitante.
O límite máximo incrementarase en 1.000 euros para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa polo menos igual á masculina.
* Adquisición de elementos tecnolóxicos que faciliten o teletraballo:
As axudas consistirán nunha subvención de ata o 80 % do investimento, co tope de 1.500 euros por persoa traballadora beneficiada e co límite máximo de 20.000 euros por empresa.
A axuda verase incrementada nun 10 % para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa cando menos igual á masculina.
– certificacións de RSE:
80 % dos custos que leve consigo o proceso da certificación ou verificación cun máximo de 2.000 € por empresa
▶️ Prazo de solicitude: 11/02 ata o 10/03 de 2023
Toda a información no DOG de hoxe (10/02/2023) e na sede electronica procedementos TR357B, TR357C e TR357D