Axudas á hostalaría e restauración da Xunta de Galicia

Destinadas á instalación, reforma e adaptación da terrazas restauración e para adquisición de elementos de envasado e empaquetado para o servizo de consumo no domicilio

A Xunta de Galicia, a través do IGAPE, abre a convocatoria de axudas para apoiar aos establecementos hosteleiros e de restauración nos gastos destinados a:

  • Instalación, reforma e adaptación de terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración.
  • Adquisición de elementos de envasado e empaquetado para o servizo de consumo no domicilio.

A contía da axuda será do 80% dos conceptos subvencionables, cun investimento subvencionable mínimo por solicitude de 1.500 euros.

Trátase de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva. Réxime de mínimis.

En concreto, considéranse actuacións subvencionables:

  1. a) A instalación de pechamentos estables ou instalación de elementos desmontables e móbiles que sirvan de illamento, acoutamento do perímetro ou protección, así como outros elementos móbiles que cumpran esta función nos laterais, cuberta e/ou chan, tales como: toldos, biombos, cortaventos, parasoles e tarimas accesibles.

Investimento máximo subvencionable: 14.000 euros

  1. b) A adecuación estética e mellora da imaxe e funcionalidade da terraza con criterios de homoxeneización estética e integración no seu contorno, mediante a renovación do mobiliario (mesas, cadeiras e xardineiras), instalación de sistemas de iluminación e de aparatos calefactores exteriores, así como actuacións de mellora da fachada exterior do local. Para seren subvencionables, os aparatos calefactores deberán ser eléctricos ou baseados noutras opcións que non impliquen combustibles fósiles e permitan dar o servizo con enerxía de fontes renovables.

Investimento máximo subvencionable: 7.000 euros

  1. c) A adquisición de elementos sostibles de envasado e empaquetado de comida e bebidas para o servizo de entrega a domicilio ou de recollida no propio establecemento.

Todos os elementos do packaging deberán ser 100% biodegradables. No caso de ser de plástico, deberán ser compostables, que cumpran os requisitos da norma europea vixente EN 13432:2000.

Investimento máximo subvencionable: 4.000 euros

PRAZOS

Ata o 28 de febreiro ou esgotamento do crédito.

MÁIS INFORMACIÓN

Nesa ligazón do IGAPE podes consultar toda a información e trámites correspondentes.

http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP411

 

Pin It on Pinterest

Share This