Axudas a promoción do emprego autónomo
A Consellería de Emprego, Comercio e Formación, convoca as axudas para a promoción do emprego autónomo: Axudas para as persoas desempregadas que inicien a súa actividade empresarial ou profesional como traballadoras autónomas por conta propia
Convócanse dúas liñas de axuda:
- Axuda para o inicio da actividade económica e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma
- Axuda equivalente a 12 meses da cota reducida á Seguridade Social por continxencias comúns e profesionais (ou 24 meses para sectores agrícola, gandeiro e silvícola)
Persoas beneficiarias:
– Persoas inscritas como demandantes de emprego non ocupadas nos servizos públicos de emprego que, entre o 1 de outubro de 2025 e o 30 de setembro de 2026, ambos inclusive, causen alta definitiva
– Persoas traballadoras autónomas ou por conta propia que formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación e constituída previamente á data de solicitude desta subvención, sempre que as soliciten a título persoal.
Requisitos específicos:
- Atoparse de alta no IAE e ter iniciada a actividade antes da solicitude da subvención
- Ter o domicilio fiscal en Galicia con anterioridade á solicitude da axuda
- Desenvolver a actividade empresarial ou profesional en Galicia
- Para a liña 1, ademais, non ter ningunha alta anterior como persoa traballadora autónoma, nos cinco anos inmediatamente anteriores á data de publicación da axuda
- Para a liña 2, ademais, ser beneficiario da cota reducida.
Cuantías da subvención:
- Liña 1:1. 2.000 € para persoas desempregadas en xeral.
2. 4.000 € para o caso de persoas desempregadas que se atopen nalgún dos seguintes colectivos no momento de alta no RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou na mutualidade correspondente, que non serán acumulables:
a) Persoas menores de 30 anos.
b) Persoas desempregadas de longa duración.
c) Persoas desempregadas con discapacidade ou en situación de dependencia.
d) Persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de exclusión social.
e) Persoas desempregadas que teñan a condición de emigrante retornada.
f) Persoas desempregadas que teñan a condición de estranxeira.
g) Persoas maiores de 52 anos.
A contía base correspondente incrementarase nun 15 % nos seguintes casos:
a) Se a persoa incorporada é unha muller.
b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.
c) Persoas maiores de 45 anos (incremento non aplicable a letra g) anterior.
d) Persoas trans.
e) Profesións e oficios en que a muller estea subrepresentada, segundo a definición recollida e cuxa relación figura na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Estes cinco incrementos son acumulables e, deste xeito, a contía máxima posible, de aplicárense todos os incrementos, sería de 7.000 €.
- Liña 2:Consta de 2 subliñas:
b.1) Axuda equivalente ao custo da cota reducida correspondente á cotización á Seguridade Social por inicio da actividade por conta propia que corresponde a todos os novos autónomos en Galicia durante os 12 primeiros meses.
A axuda será equivalente ao importe de 80 € mensuais, determinado polo Real decreto lei 13/2022, do 26 de xullo, polo que se establece un novo sistema de cotización para os traballadores autónomos e se mellora a protección por cesamento de actividade, e sempre que se acollan á citada redución, multiplicado por 12 meses. Total 960 €.
b.2) Axuda adicional equivalente ao custo da cota reducida correspondente á cotización á Seguridade Social por inicio da actividade por conta propia que corresponde a todos os novos autónomos en Galicia dos sectores agrícola, gandeiro e silvícola, durante os 12 primeiros meses e outros 12 meses máis, ata un total de 24 meses.
A axuda será equivalente ao importe de 80 € mensuais, determinado polo Real decreto lei 13/2022, do 26 de xullo, polo que se establece un novo sistema de cotización para os traballadores autónomos e se mellora a protección por cesamento de actividade, e sempre que se acollan á citada redución, multiplicado por 24 meses, no caso de alta en CNAE dos sectores agrícola (01), gandeiro (01) ou silvícola (02). Total 1.920 €.
As persoas traballadoras autónomas que se dean de alta nos CNAE dos sectores agrícola (01), gandeiro (01) ou silvícola (02) e exerzan a actividade en réxime de pluriactividade poderán ser beneficiarias da subliña 2.1, por importe de 960 €.
Prazo de solicitude: A partir do día 11/02/2026 ás 9.00 horas e ata o 30/09 ou esgotamento dos fondos
Máis información no cartel (resumo), DOG do 04/02/2026 e na sede electrónica da Xunta, procedemento TR341D
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341D&ano=2026&numpub=1&lang=g