Axudas a proxectos de investimento empresarial

O Instituto Galego de Promoción Económica, publica as axudas a proxectos de investimento empresarial

1️⃣ DESTINATARIOS:

Empresas galegas ou cun centro de traballo en Galicia que realicen calquera actividade  económica (agás aquelas que a normativa europea de aplicación non permite)

2️⃣ MODALIDADE E TIPOLOXÍA:

  • Modalidade de proxectos de investimento:  Proxectos empresariais xerais e proxectos en equipamento productivo
  • Tipoloxía de proxectos subvencionables:  Creación dun novo establecemento e  Ampliación capacidade de establecementos existentes

3️⃣ CONCEPTOS SUBVENCIONABLES:

Investimentos en activos fixos tanxibles e intanxibles nos que incorra a empresa dende a data de solicitude da axuda

  • Proxectos de investimento empresarial xerais:                                                                – Obra civil e adquisición de inmobles
    – Compra de maquinaria ou bens de equipamento
    – Outros investimentos en activos fixos
    – Aplicacións informáticas directamente vinculadas co proceso produtivo
    – Adquisición de activos dun establecemento                                                          INVESTIMENTO MÍNIMO SUBVENCIONABLE: 50.000 €
    INVESTIMENTO MÁXIMO SUBVENCIONABLE: 800.000 €
  •  Proxectos de investimento en equipamento produtivo:
    – Compra de maquinaria ou bens de equipamento
    O número de bens de equipamento non poderá superar a catro
    INVESTIMENTO MÍNIMO SUBVENCIONABLE: 25.000 €
    INVESTIMENTO MÁXIMO SUBVENCIONABLE : 800.000 €

4️⃣ CONTÍA DA AXUDA:

Ata o 35% pequenas empresas e 25% no caso de medianas empresas

5️⃣ PRAZO DE SOLICITUDE:

Aínda non está aberto o prazo de solicitude (próxima publicación no DOG)

Máis información no DOG do 13/01/2025 e na sede electrónica da Xunta:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IG408A&ano=2025&numpub=1&lang=gl

Pin It on Pinterest

Share This