Axudas á rehabilitación de vivendas no rural
Axudas a rehabilitación de vivendas no rural (Concellos de menos de 5.000 habitantes)
- Actuacións subvencionables
A execución de obras de rehabilitación, terminación e/ou ampliación de vivendas así como as actuacións dirixidas ao cambio de uso de locais e entreplantas para destinalos a vivenda.
Dentro das actuacións de rehabilitación, enténdense incluídas as de accesibilidade, conservación, habitabilidade, sustentabilidade e eficiencia enerxética das vivendas, así como as actuacións para a medición e a execución de obras que eviten a entrada do gas radón ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas.
- Requisitos das actuacións
– Que todas as actuacións a realizar se axusten á normativa técnica e urbanística en vigor.
– Que as actuacións subvencionables non estean iniciadas na data de publicación da correspondente convocatoria de axudas.
- Requisitos dos inmobles
a) Estar situados nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia con poboación inferior a 5.000 habitantes.
b) Dedicarse a residencia habitual e permanente das persoas propietarias e/ou usufrutuarias ou a alugueiro durante un prazo, como mínimo, de cinco anos. Este prazo computarase desde a data de finalización das obras.
* No suposto de que as vivendas se destinen ao alugueiro, a obtención da condición de persoa beneficiaria deste programa determinará a incorporación da vivenda ao programa Fogar Vivo da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias dos referidos inmobles situados, de conformidade co disposto no ordinal oitavo desta resolución, en concellos de menos de 5.000 habitantes e que acrediten ingresos non superiores a 6,5 veces o IPREM. No suposto de que as vivendas se vaian a destinar ao alugueiro non será de aplicación o citado límite de ingresos.
- Contía da axuda
As axudas serán do 75 % do orzamento protexido das obras, sen que en ningún caso poidan superar a cantidade de 30.000 euros por vivenda.
- Prazo de presentación de solicitudes:
Desde as 9.00 horas do 21/01/2026 ata as 14.00 horas do 01/09/2026
Non obstante, trátase de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva, polo que se concederán as axudas ata esgotamento de crédito.
- Máis información:
No DOG do 13/01/2026 e na páxina do Instituto Galego de Vivenda e Solo, no enlace:
https://igvs.xunta.gal/gl/axudas/programa-de-axudas-de-rehabilitacion-de-vivendas-no-rural-vi435e