Axudas adopción animais de compañía abandonados
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, convoca axudas para a adopción de animais domésticos de compañía abandonados, acollidos nos centros de recollida autorizados da Comunidade Autónoma de Galicia
Persoas beneficiarias:
Persoas físicas que acrediten a adopción dun animal doméstico de compañía abandonado que proveña dalgún dos centros de recollida autorizados da Comunidade Autónoma de Galicia
Actuaciones subvencionables
Serán actuacións subvencionables ao abeiro desta orde os custos derivados da identificación,
esterilización, desparasitación e vacinación, segundo proceda, que o propio centro de recollida ou un centro veterinario colaborador deste poida repercutir sobre quen adopte un animal doméstico de compañía abandonado acollido nun dos centros de recollida autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia
Contía da axuda
O importe máximo da axuda será de 150 €/animal da especie canina adoptado e
de 125 €/animal da especie felina adoptado. En todo caso, a contía da subvención non
poderá ser nunca superior ao custo da acción subvencionable.
O número máximo de animais polos cales se poderá percibir a axuda será dun máximo
de dous (2) animais por persoa
Os centros de recollida autorizados poden consultarse dende o seguinte enlace. Poderíades facer a adopción en calquera destes centros:
https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Conservacion?content=Direccion_
Xeral_Conservacion_Natureza/Animais_domesticos_e_salvaxes/seccion.
html&std=Inscricion_dun_establecemento.html&sub=Rexistro_de_establecementos_e_
de_asociacions/
o Concello de Oia, ten como centro de recollida o da Deputación de Pontevedra, CAAN
https://caan.depo.gal/es/inicio
Prazo de solicitude da subvención: entre o 25/01/2025 e o 30/09/2025
Máis información no DOG do 24/01/2025 e na sede electrónica, procedemento MT811C
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MT811C&ano=2025&numpub=1&lang=gl