Axudas adquisición de bicicletas eléctricas
Subvencións para a adquisición de BICICLETAS CON PEDALEO ASISTIDO e BICICLETAS DE MAN HÍBRIDAS OU ELÉCTRICAS para cadeiras de rodas
A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, convoca o Programa EBici – a nosa pegada importa dirixido ao fomento do uso de bicicletas eléctricas con pedaleo asistido e de bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas
A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 50% do prezo da bicicleta eléctrica con pedaleo asistido para un/unha beneficiario/a xeral (cun límite de 500 €).
No caso de integrantes dunha familia numerosa, chegará até o 60% (cun límite de 600).
Por último, o tope para quen forme parte dunha familia numerosa con categoría especial será do 70% (cunha contía máxima de 700 €).
Unha persoa beneficiaria só poderá recibir axuda pola adquisición dunha única bicicleta eléctrica con pedaleo asistido.
? As solicitudes de subvención, tramitaranse a través das propias entidades colaboradoras que se adiquen á venda de bicicletas.
? As axudas poderán solicitarse dende o 16 de maio e ata o 13 de novembro de 2025 ou ata cando se esgoten os fondos.
Dende este enlace podedes coñecer máis sobre o programa, así como sobre as entidades colaboradoras donde poderedes adquirilas: