Axudas adquisición de vivenda
AXUDAS Á ADQUISICIÓN DE VIVENDA:
– EN CONCELLOS DE MENOS DE 10.000 HABITANTES, PARA MENORES DE 36 ANOS,
– EN CENTROS HISTÓRICOS
– ADQUISICIÓN DE VIVENDA CUALIFICADA COMO VIVENDA PROTEXIDA
O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca estas axudas dirixidas á adquisición de vivenda.
1️⃣ No caso do noso concello, poderías optar á de adquisición de vivenda para menores de 36 anos dirixidas á adquisición de vivenda en concellos de menos de 10.000 habitantes,
✅ Requisitos das persoas:
– Ter menos de 36 anos, incluída a idade de 36 anos, no momento de solicitar a axuda ou no momento da subscrición do contrato privado ou da escritura pública de compravenda.
– Posuír a nacionalidade española ou, no caso de seren estranxeiras, ter a residencia legal en España.
– Ter subscrito con posterioridade ao 31 de outubro de 2024 un contrato privado ou, de ser o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda.
– Estar empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude, para o caso de dispoñer de escritura pública de compravenda formalizada con anterioridade á referida data.
– Que as rendas anuais das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 3 veces o IPREM
Este límite será de 4 ou 5 veces o IPREM se na unidade de convivencia existen persoas cunha discapacidade das nomeadas na Orde da Convocatoria
– Non ser propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio español.
✅ Requisitos da vivenda:
– Que a vivenda estea localizada nun municipio de Galicia cunha poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes.
– Que o prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, sexa igual ou inferior a 120.000 €.
– Que se trate dunha vivenda xa construída. Para estes efectos, admitiranse tanto as vivendas novas como as usadas.
A contía da axuda para a adquisición será de ata 10.800 € por vivenda, co límite do 20 % do prezo de venda, sen incluír os gastos e tributos.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 27 de xaneiro e o 15 de outubro.
Máis información na sede da Xunta, procedemento VI501A e no DOG do martes 14/02/2025