Axudas adquisición vivenda en concellos de menos de 10000 habitantes

O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca estas axudas dirixidas a menores de 35 anos dirixidas  á adquisición de vivenda en concellos de menos de 10.000 habitantes,

✅ Requisitos das persoas:
– Ter menos de 35 anos, incluída a idade de 35 anos, no momento de solicitar a axuda ou no momento da subscrición do contrato privado ou da escritura pública de compravenda.
– Posuír a nacionalidade española ou, no caso de seren estranxeiras, ter a residencia legal en España.
– Ter subscrito con posterioridade ao 15 de novembro de 2022 un contrato privado ou, de ser o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda.
– Estar empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude, para o caso de dispoñer de escritura pública de compravenda formalizada con anterioridade á referida data.
– Que as rendas anuais das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 3 veces o IPREM de 2022 *.
Este límite será de 4 veces o IPREM se na unidade de convivencia existen persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a continuación. O referido límite será de 5 veces o IPREM cando na composición da unidade de convivencia existan persoas con algunha das seguintes discapacidades:
1. Persoas con parálise cerebral, persoas con enfermidade mental, persoas con discapacidade intelectual ou persoas con discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
2. Persoas con discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
– Non ser propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio español.

✅ Requisitos da vivenda:
– Que a vivenda estea localizada nun municipio de Galicia cunha poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes.
– Que o prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, sexa igual ou inferior a 120.000 €.
– Que se trate dunha vivenda xa construída. Para estes efectos, admitiranse tanto as vivendas novas como as usadas.

contía da axuda para a adquisición será de ata 10.800 € por vivenda, co límite do 20 % do prezo de venda, sen incluír os gastos e impostos.

prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de outubro de 2023.
Máis información na sede da Xunta, procedemento VI435A e no DOG do martes 7/02/2023

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI435A

Pin It on Pinterest

Share This