Axudas ao alugueiro para contribuír a minimizar o impacto da Covid-19

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar as bases reguladoras e convocatoria para este ano das subvencións do Programa de axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social da COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual

A contía das axudas é de  500 euros mensuais, sen que en ningún caso poida exceder o importe da renda do contrato.

*A axuda ten carácter finalista e, polo tanto, non poderá aplicarse a outro destino que non sexa o pagamento da renda do alugueiro.

REQUISITOS DE ACCESO

  1. a) Ter a nacionalidade española ou residir legalmente en España.
  2. b) Ser titulares, en condición de persoa inquilina, dun contrato de alugamento de vivendacunhaduración mínima dun ano.
  3. c) Que a vivenda arrendada constitúa a súa residencia habitual e permanente, así como da súa unidade de familiar.
  4. d) Estar en situación de vulnerabilidade económica:

– Pasar a estar en situación de desemprego, ERTE ou ver reducida a súa xornada por motivo de coidados, en caso de ser empresario, ou outras circunstancias similares que supoñan unha perda substancial de ingresos.

– Que o conxunto dos ingresos netos dos membros da unidade familiar no mes anterior á solicitude non acaden, con carácter xeral, o límite de 3 veces o IPREM (este límite incrementarase en función das circunstancias familiare).

– Que a renda, máis os gastos e subministracións básicas, do mes anterior á solicitude da axuda resulten superiores ou iguais ao 35 % dos ingresos netos que perciba o conxunto dos membros da unidade familiar.

PRAZOS

O prazo en que se acredite estar en situación de vulnerabilidade como consecuencia do COVID-19, durante un período máximo de 6 meses, e poderá ter efectos retroactivos.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información sobre este procedemento pódese consultar o DOG do 6 de abril, accesible na seguinte ligazón:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210406/AnuncioC3Q2-220321-0005_gl.pdf

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI432E

 

Pin It on Pinterest

Share This