Axudas ao aluguer de vivenda para persoas con escasos medios económicos

Axudas ao aluguer de vivenda para persoas con escasos medios económicos

BENEFICIARIOS

Existen dúas liñas de axuda:

-Liña A: Axuda ao alugamento de vivenda dirixidas a persoas con escasos medios económicos.

-Liña B: Axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente. Menores de 35 anos con escasos medios económicos.

As axudas de ambas as dúas liñas concederanse por un prazo máximo dun ano e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2021.

A contía será do 40% da renda mensual do alugamento, chegando ao 50% no caso dos maiores de 65 anos e dos menores de 35.

REQUISITOS DE ACCESO

  1. Posuír a nacionalidade española; se é estranxeira, deberá ter a residencia legal en España.
  2. Ser titulares, en condición de persoa inquilina, dun contrato de alugamento de vivenda cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, e cuxos efectos económicos sexan anteriores ao último día de prazo de presentación de solicitudes.
  3. Que a vivenda arrendada constitúa a residencia habitual e permanente da persoa beneficiaria durante todo o período polo que se conceda a axuda.
  4. Que a renda mensual da vivendaque teñen alugada ou vaian alugar non supere os importes establecidos no artigo 10 da orde (entre 300 e 500 euros dependendo do Concello: en Oia, O Rosal, A Guarda e Tomiño 300 euros. Tui 400 euros).
  5. Que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 2 veces o IPREM. Este límite aumentará a 4 ou 5 veces o IPREM, se a unidade de convivencia é unha familia numerosa ou ten persoas con discapacidade. (O IPREM para o ano 2021 é de 564,90 euros/mes.)
  6. Que os ingresos mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,7 veces o IPREM. (O IPREM para o ano 2021 é de 564,90 euros/mes.)
  7. Atoparse ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social
  8. Non estar incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

PRAZOS DE INSCRIPCIÓN NO PROCEDEMENTO

Ata o 30 abril de 2021.

MÁIS INFORMACIÓN

No DOG do 30/03/2021.

Ligazón da sede electrónica da Xunta (información e tramitacións): https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI432A&ano=2021&numpub=1&lang=es

Pin It on Pinterest

Share This