Axudas ao alumnado universitario con dificultades para continuar os estudos. Curso 2020-2021

Por causas sobrevidas e imprevistas ou por unha situación derivada da covid-19

A Xunta de Galicia vén de abrir o prazo para solicitar as axudas destinadas ao alumnado universitario que por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2020/2021, ou por unha situación derivada da COVID-19, teña dificultades para continuar os estudos.

A contía da axuda vai dende os 1.500 ata 2750 euros, dependendo da renda per cápita.

REQUISITOS DE ACCESO

Poderá solicitar estas axudas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Causas sobrevidas no curso académico 2020/21.
  2. a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida e imprevista ocorrida no actual curso académico: orfandade absoluta; situación de desemprego, falecemento, falta de pagamento acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio, enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar; condición de emigrante retornado; vítimas de violencia de xénero; vítimas de actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar).
  3. b) Que a situación sobrevida e imprevista acontecese durante o actual curso académico 2020/21. Entenderase por curso académico o comprendido entre o 1 de xullo de 2020 e o 30 de xuño de 2021.
  4. Causas xurdidas como consecuencia da COVID-19.

Que algún dos sustentadores principais da unidade familiar estean en situación de desemprego, en Expediente Temporal de Regulación de Emprego (ERTE) ou en calquera outra situación que supoña unha merma económica ou laboral como consecuencia directa da COVID-19.

  1. Requisitos de carácter xeral.
  2. a) Estar matriculado, no curso académico 2020/21, como mínimo en 50 créditos, incluídos os créditos recoñecidos, en estudos universitarios conducentes a unha titulación de grao, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado ao que lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos que deberá de estar matriculado como mínimo de 30 créditos, incluídos tamén os créditos recoñecidos.
  3. b) Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual que estableza a lei de orzamentos xerais do estado para o ano 2021 multiplicada por 1,50.
  4. c) Non ter percibido esta axuda con anterioridade.

 PRAZOS DE INSCRIPCIÓN NO PROCEDEMENTO

Ata o 2 de agosto.

 MÁIS INFORMACIÓN

Enlace do procedemento na sede electrónica da Xunta. https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED433A&ano=2021&numpub=1&lang=es

Pin It on Pinterest

Share This